Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 25 de setembro de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00663-O-96 e catro máis).

Por medio de esta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, facultado polo Decreto 147/1986, do 17 de abril (DOG do 28 de maio), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Lugo o 15 de xullo de 1996.

Antonio Lage González

Instructor-xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

LU-00663-O-96

B-3430-JW

G.C. Tráfico

Rosdor, S.A.

Estr. Ordena, s/n

Odena (Barcelona)

Circular transportando bolos, carecendo da tarxeta de transportes, servicio privado, vehículo lixeiro.

11-3-1996; 10; RN-VI; 520,00

Art. 141 b) en Relac. con Art. 142 m) LOTTArt. 143 Lei 16/198725.000

LU-00686-O-96

B-3430-JW

G.C. Tráfico

Rosdor, S.A.

Estr. Ordena, s/n

Odena (Barcelona)

Circular transportando pan de molde, carecendo da tarxeta de transportes de servicio privado, vehículo lixeiro.

7-3-1996; 17.25; N-120; 512

Art. 141 b) en Relac. con Art. 142 m) LOTTArt. 143 Lei 16/198725.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

LU-01011-O-96

M-4576-JN

G.C. Tráfico

Hnos. Hungría, S.A.

Pau Casals, 91

Hospitalet de Llobregat

(Barcelona)

Realizar un transporte con carga útil, en réxime de servicio privado, carecendo da correspondente tarxeta de transporte.

26-4-1996; 22.30; RN-VI; 507

Art. 141 b) en Relac. con Art. 142 m) LOTTArt. 143 Lei 16/198725.000

LU-01035-O-96

C-4183-AP

G.C. Tráfico

Robustiano, S.L.

Beiro, 42

Poio (Pontevedra)

Realizar un transporte de mercadorías en réxime privado, carecendo da tarxeta de transportes, reunindo os requisitos esixidos para a súa obtención.

30-4-1996; 18.30; N-634; 607

Art. 142 a) LOTT Art. 199 a) RGTOArt. 143 Lei 16/198715.000

LU-01052-O-96

C-8180-AX

G.C. Tráfico

Rafael Laredo, S.L.

Corcubión, 3

(A Coruña)

Realizar un transporte público de mercadorías (taboleiros), non realizando o visado da tarxeta de transportes no prazo regulamentario.

2-5-1996; 18; RN-VI; 516

Art. 142 n) LOTT Art. 199 n) RGTOArt. 143 Lei 16/198725.000

9607544