Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do PAU de zona Salto do Can-Rabo de Galo.

O Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o PAU da zona Salto do Can-Rabo de Galo, por pedimento de Juan Carlos Cabanelas Rodríguez, en representación de Xestur Ourense.

Decláranse de utilidade pública os terreos afectados conforme o que dispón o artigo 183 do TRLS e somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Pola presente publicación e de conformidade co artigo 115 do TRLS anúnciase a exposición pública do dito proxecto durante un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta anuncio, para que as persoas ou entidades interesadas presenten, no mencionado prazo, aquelas alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 24 de setembro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

7601