Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra, declarada de urxencia para substitución de cubertas no colexio público de Serra de Outes (A Coruña).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto da obra, declarada de urxencia, que se cita:

-Substitución de cubertas no C.P. de Serra de Outes (A Coruña).

-Orzamento de licitación: 17.067.535 ptas. (dezasete millóns sesenta e sete mil cincocentas trinta e cinco pesetas).

-Non se admiten variantes económicas.

-Prazo de execución: 2 meses.

-Sen clasificación.

Exposición do proxecto: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das nove ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución neste Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2., 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposición: será realizada pola mesa de contratación ás 12 horas do oitavo día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

9607467