Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias LU-214/1996, por non ter constancia da súa recepción polo destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

Lugo, 30 de setembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-214/1996.

Denunciado: Luis Seoane Cacharrón.

DNI: 33.634.068.

Último enderezo coñecido: Pígara-Guitiriz (Lugo).

Feitos imputados: tirar un cadaver dunha res equina nun predio recoñecido por Chousa cubríndoo parcialmente con terra, toxos e ramas de piñeiro.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigos 157, 158, 159 e 168.

-Precepto sancionador: artigo 216.

-Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 100.000 ptas.

Lugo, 30 de setembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9607604