Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/129-2-4.610 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10 Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt., e C.T. edificio Vilamiño, r/ Pablo Favio-Albeiros.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable D.H.V. 12/20 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 45 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000 ±2,5%±5%/398-230 V, para dar servicio eléctrico o edificio Vilamiño, r/ Pablo Fabio Máximo-Albeiros en Lugo.

Orzamento: 3.172.880 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 26 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7584