Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 22 de outubro de 1996 pola que se relaciona o persoal que pode acceder ó curso establecido no artigo 2 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro, de integración na escala técnica de finanzas de determinados funcionarios da Xunta de Galicia.

O artigo 17 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992, ó abeiro do disposto no artigo 20 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, creou a escala técnica de finanzas, que se estructura nas seguintes especialidades:

a) Técnica de inspección financeira e tributaria.

b) Técnica de xestión tributaria.

c) Técnica de contabilidade e intervención.

O Decreto 369/1992, do 17 de decembro (DOG nº 251, do 28 de decembro. Corrección de erros DOG nº 27, do 10 de febreiro de 1993 e DOG nº 235, do 9 de decembro de 1993), realizou a integración do persoal comprendido nos seus artigos 1, 3 e 4.

Pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de outubro de 1996, regúlase o curso que, unha vez superado, permitirá a integración na escala técnica de finanzas do persoal comprendido no artigo 2 do devandito decreto.

Por outra banda, o remate dos cursos para integración ou acceso á escala superior de finanzas permite agora inicia-lo correspondente á escala técnica e relaciona-lo persoal que cumpre o establecido no artigo 2 do dito Decreto 369/1992 podendo concorrer ó dito curso.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Poderá acceder ó curso sinalado no artigo 2 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro, segundo o contido establecido pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de outubro de 1996 o persoal funcionario de carreira do grupo B segundo se indica no anexo á presente orde.

Artigo 2º

Convócanse os funcionarios relacionados no anexo á presente á realización do referido curso que terá inicio o día 4 de novembro de 1996 ás 17 horas na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO

Curso artigo 1 Orde do 21 de outubro de 1996

DNIApelidos e nomeEspecialidade

32.413.017Fero Gómez, CarmenTécnica de xestión tributaria

32.430.207Galiana Galán, José IgnacioTécnica de contabilidade e intervención

34.900.764González Diéguez, Mª DoloresTécnica de contabilidade e intervención

32.427.553López García, CarlosTécnica de contabilidade e intervención

76.516.485Mene Paz, EloyTécnica de contabilidade e intervención

33.813.749Muinelo Grueira, JaimeTécnica de xestión tributaria

5.361.237Saez Madrid, DoloresTécnica de contabilidade e intervención

33.802.777Vilariño Regal, Juan RamónTécnica de contabilidade e intervención

34.594.602Casas Suárez, FelicidadTécnica de contabilidade e intervención

34.910.608Osorio Ferreiro, FranciscoTécnica de xestión tributaria

9607589