Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (12/1996-I).

En cumprimento do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frierio, no xuízo verbal de faltas 12/1996 que se segue neste xulgado por lesións e danos, cítase en legal forma a Juan Ramón Torres Casais, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 13 de novembro de 1996 ás 12.30 horas compareza perante a sala de audiencias deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndolle de que de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG expido e asino a presente cédula en Ribeira o 3 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

7376