Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 23 de outubro de 1996 pola que se aproba o regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu consello regulador.

Por Orde do 17 de marzo de 1988, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación de orixe Rías Baixas para os viños producidos nesta zona vitivinícola. Seguidamente, por Orde do 4 de xullo de 1988, aprobouse o regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu consello regulador.

Durante o tempo de vixencia da citada denominación, esta foi crecendo con seriedade e dunha forma ordenada ata alcanzar un grao de desenvolvemento, tanto no nivel de viticultores como de adegueiros, que fai aconsellable proceder a unha actualización do seu regulamento, tendo tamén presentes os cambios normativos que lle poidan afectar.

Esta actualización, tendo en conta que uns artigos é necesario modificalos por criterios técnicos, outros por cuestións normativas que lles afectan directamente, e outros por aspectos de forma que motivan unha nova redacción, da lugar á elaboración dun novo regulamento da denominación de orixe Rías Baixas.

En consecuencia, por petición do sector interesado e de conformidade co artigo 30.I.3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o novo regulamento da denominación de orixe Rías Baixas, co texto articulado que figura como anexo á presente orde.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan á presente orde, e en particular a Orde do 4 de xullo de 1988 citada anteriormente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento do establecido na presente orde.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu consello regulador

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

De conformidade co disposto na Lei 25/ 1970, do 2 de decembro, estatuto da viña, do viño e dos alcois, e no seu regulamento aprobado por Decreto 835/1972, do 23 de marzo, así como no Real decreto 157/ 1988, do 22 de febreiro, modificado polo Real decreto 1906/1995, do 24 de novembro, polos que se establece a normativa á que deben axustarse as denominacións de orixe e as denominacións de orixe cualificadas de viños e os seus respectivos regulamentos, e no Regulamento CEE 823/1987, do 16 de marzo de 1987, sobre os viños de calidade producidos en rexións determinadas, quedan protexidos coa denominación de orixe Rías Baixas os viños que, reunindo as características definidas neste regulamento, cumprisen na súa producción, elaboración e comercialización tódolos requisitos esixidos nel e na lexislación vixente que lles afecte.

Para a aplicación da normativa anterior terase en conta o que establece o Real decreto 4189/ 1982, do 29 de decembro, de transferencia de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de denominacións de orixe, viticultura e enoloxía.

Artigo 2º

1. A protección outorgada esténdese á mención Rías Baixas e ós nomes das subzonas, termos municipais e parroquias que compoñen as zonas de producción, de acordo co disposto nos artigos 81 e seguintes da Lei 25/1970 e demais lexislación aplicable. Así mesmo, a devandita protección esténdese ás expresións en galego e en castelán das mencións xeográficas citadas.

2. Para que os viños amparados poidan levar no etiquetado o nome dunha das subzonas definidas neste regulamento, será condición necesaria que a materia prima proceda integramente dela e que a elaboración se realice no seu interior, debendo cumprir, en todo caso os requisitos que se citan no seu artigo 12.

3. Queda prohibida a utilización, noutros viños non amparados, de nomes, termos, expresións e signos, que pola súa similitude fonética ou gráfica cos protexidos, poidan inducir a confusión cos que son obxecto desta regulamentación, incluso os que vaian precedidos da terminoloxía «tipo», «cepa», «embotellado en...», «con adega en» e outras análogas.

Artigo 3º

A defensa da denominación de orixe Rías Baixas, a aplicación do seu regulamento, a vixilancia do seu cumprimento, así como o fomento e control da calidade dos viños amparados, quedan encomendados ó consello regulador da denominación de orixe Rías Bai xas, á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia e ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco das súas respectivas competencias.

Capítulo II

Da producción

Artigo 4º

1. A zona de producción dos viños protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas está constituída polos terreos que o consello regulador considere aptos para a producción de uvas das variedades que se indican no artigo 5º, coa calidade necesaria para obter viños das características específicas dos amparados pola denominación, e que se atopen nos termos municipais e lugares que compoñen as subzonas seguintes:

a) Subzona Val do Salnés: municipios de Cambados, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa, Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Barro e O Grove.

b) Subzona Condado do Tea: municipios de Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente e Salceda de Caselas; así como a parroquia de Valeixe do municipio da Cañiza.

c) Subzona O Rosal: municipios do Rosal, Tomiño, A Guarda; así como a parroquia de Pesegueiro do municipio de Tui e as parroquias de Mañufe e Vilaza do municipio de Gondomar.

d) Subzona Soutomaior: municipio de Soutomaior.

2. A cualificación dos terreos, a efectos da súa inclusión na zona de producción, realizaraa o consello regulador, debendo quedar delimitados na correspondente documentación cartográfica.

Artigo 5º

1. A elaboración dos viños protexidos realizarase exclusivamente con uvas das variedades seguintes:

a) Preferentes:

Brancas: albariño, loureira branca ou marqués, treixadura e caíño branco.

Tintas: caíño tinto, espadeiro, loureira tinta e sousón.

b) Autorizadas:

Brancas: torrontés e godello.

Tintas: mencía e brancellao.

Artigo 6º

1. As prácticas de cultivo serán as tradicionais na zona delimitada anteriormente, e que en xeral tendan a optimiza-la calidade das produccións.

2. A densidade de plantación estará comprendida obrigatoriamente entre seiscentas cepas por hectarea como mínimo e dúas mil setecentas como máximo.

3. Os sistemas de conducción e poda serán os seguintes:

a) En espaldeira e as súas variantes, con sistemas de poda guyot ou sylvoz, sendo a media da súa carga máxima por cepa de trinta e cinco xemas fértiles.

b) Emparrado tradicional, con sistema de poda guyot e unha carga máxima de setenta xemas fértiles por cepa.

4. De acordo coa densidade do viñedo e coas cargas máximas de xemas productivas por cepa, o número máximo de xemas fértiles por hectárea será de setenta mil para a variedade albariño, e cincuenta e cinco mil para as demais variedades.

5. Non obstante o anterior, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, poderá autorizar, por proposta do consello regulador, a aplicación de novas prácticas de cultivo, tratamentos ou labores que, constituíndo un avance nas técnicas vitícolas e sen contravi-la lexislación vixente, se comprobe que non afectan desfavorablemente á calidade da uva ou do viño producido.

Artigo 7º

1. A vendima realizarase co maior esmero, dedicándose para a elaboración dos viños protexidos a uva san e co grao de madurez necesario.

A recollida e transporte das uvas realizarase en caixas de vendima autorizadas polo consello regulador.

2. A graduación alcólica natural mínima das partidas de uva será de 11 graos para a uva albariña, de 10 graos para as demais brancas e 9,5 graos para as uvas tintas.

3. O consello regulador poderá determina-la data de inicio da vendima e acordar normas sobre o ritmo de recolección, co fin de que esta se efectúe consonte coa capacidade de absorción das adegas.

4. Para cada campaña, o consello regulador dictará as normas concretas tendentes a conseguir unha calidade óptima da colleita.

Artigo 8º

1. A producción máxima admitida por hectárea será de:

a) Once mil quilos para a variedade albariño.

b) Dez mil quilos para caíño tinto.

c) Doce mil cincocentos quilos para as demais variedades.

Estes límites poderán ser modificados en determinadas campañas polo consello regulador, por iniciativa propia ou a petición en tempo e forma de viticultores interesados, despois das comprobacións que se precisen. En caso de que tal modificación se produza, esta non poderá supera-lo 25% dos límites citados.

2. A uva procedente de parcelas, con rendementos superiores ó límite establecido, non poderá ser utilizada para a elaboración de viños protexidos por esta denominación, debendo adopta-lo consello regulador as medidas de control necesarias para asegura-lo cumprimento deste precepto.

Artigo 9º

1. Para a autorización polo órgano competente de novas plantacións, substitucións e replantacións en terreos ou viñedos situados na zona de producción da denominación, será preceptivo o informe previo deste consello regulador, que determinará a posibilidade de inscrición no rexistro de viñas do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas.

2. Non se admitirá a inscrición no rexistro de viñas do consello regulador daquelas plantacións que conteñan algunha variedade distinta das recollidas no artigo 5º deste regulamento.

3. As uvas procedentes de parcelas nas que existan varias variedades das recollidas no artigo 5º deste regulamento, só poderán destinarse á elaboración de viños brancos monovarietais que vaian ser protexidos pola denominación, se a absoluta separación de variedades é posible na vendima.

Capítulo III

Da elaboración

Artigo 10º

1. As técnicas empregadas na manipulación da uva, o mosto e o viño, no control de fermentación e no proceso de conservación, tenderán a obter productos de máxima calidade, mantendo os caracteres tradicionais dos tipos de viños amparados pola denominación de orixe Rías Baixas.

2. Na producción de mosto seguiranse as prácticas tradicionais, aplicadas cunha moderna tecnoloxía orientada cara a mellora da calidade do producto final. Aplicaranse presións axeitadas para a extracción do mosto e do viño, e a súa separación dos bagazos, de forma que o rendemento non sexa superior a sesenta e sete litros de mosto ou viño por cada cen kg de uva da variedade albariño, e de setenta litros de mosto ou viño por cada cen Kg de uva para o resto das variedades recollidas no artigo 5º.

O límite de litros fixados por cada cen kg. de uva poderá ser modificado excepcionalmente en determinadas campañas polo consello regulador, por propia iniciativa ou por proposta dos elaboradores inscritos, logo dos informes técnicos e comprobacións necesarias, sen excede-los límites establecidos no artigo 8.1º do Real decreto 157/1988, do 22 de febreiro.

3. As fraccións de mosto ou viño obtidas por presións inadecuadas non poderán, en ningún caso, ser destinadas á elaboración de viños protexidos.

En particular, prohíbese, para a elaboración de viños protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas, a utilización de prensas coñecidas como continuas, nas que a presión é exercida por un parafuso de Arquímedes no seu avance sobre un contrapeso.

Para a extracción do mosto só poderán utilizarse sistemas mecánicos que non danen ou dislaceren os compoñentes sólidos do acio, quedando prohibido o emprego de máquinas estrulladoras centrífugas de eixe vertical e alta velocidade.

4. Na elaboración de viños protexidos non se poderán utilizar prácticas de prequentamento da uva, ou quen

tamento dos mostos ou viños en presencia de bagazos, tendentes a forza-la extracción de materia colorante.

Capítulo IV

Cualificación e características dos viños

Artigo 11º

1. Tódolos viños elaborados en adegas inscritas, para poder facer uso da denominación de orixe Rías Baixas, deberán superar un proceso de cualificación, de acordo co disposto no Regulamento (CEE) 823/1987, do 16 de marzo, polo que se establecen disposicións específicas relativas ós viños de calidade producidos en rexións determinadas, no Real decreto 157/1988, do 22 de febreiro, polo que se establece a normativa a que deben de axustarse as denominacións de orixe e as denominacións de orixe cualificadas de viños e os seus respectivos regulamentos, e na orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 9 de abril de 1996, pola que se establecen as normas relativas ó proceso de cualificación que deben supera-los viños con dereito a denominación de orixe no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O proceso de cualificación efectuarase por cada partida ou lote homoxéneo e deberá ser realizada polo consello regulador, de acordo co disposto no artigo 35º deste regulamento.

Constará dun exame analítico e un exame organoléptico, que dará lugar á cualificación, descualificación ou emprazamento da partida.

3. Os viños cualificados deberán mante-las cualidades organolépticas características dos mesmos, especialmente en canto a cor, aroma e sabor. En caso de que se constate algunha alteración nestas características en detrimento da calidade, ou que na súa elaboración e conservación se incumprisen os preceptos deste regulamento ou os sinalados na lexislación vixente, o viño será descualificado polo consello regulador, o que implicará a perda do dereito ó uso da denominación para o mesmo.

Así mesmo, considerarase como descualificado calquera viño obtido por mestura con outro previamente descualificado.

4. A descualificación dos viños poderá ser realizada polo consello regulador en calquera fase da súa elaboración, no interior da zona de producción.

A partir da iniciación do expediente de descualificación, o viño deberá permanecer en envases perfectamente identificados e rotulados, baixo o control de dito consello. Para realizar calquera movemento do viño será necesario poñelo en coñecemento do consello regulador con antelación suficiente, para que poida toma-las medidas de control que estime precisas.

5. O consello regulador dictará normas, que serán presentadas á aprobación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para levar un seguemento e control dos viños cualificados ata a súa fase de comercialización.

6. Tódalas adegas inscritas terán por parte do consello regulador, alomenos, un control anual dos seus productos terminados, que se someterán a exame analítico e organoléptico.

Artigo 12º

1. Os tipos de viños amparados pola denominación de orixe Rías Baixas e as súas características, son:

A.-Tipos.-Fíxanse exclusivamente os seguintes:

a.-Brancos:

a.1.-Rías Baixas Albariño: viño monovarietal elaborado co 100 por 100 de uvas da variedade albariño.

a.2.-Rías Baixas Condado do Tea: elaborado con uvas das variedades albariño e treixadura nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades, todas elas producidas na subzona do Condado do Tea.

a.3.-Rías Baixas Rosal: elaborado a partir de uvas das variedades albariño e loureira nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades, todas elas producidas na subzona do Rosal.

a.4.-Rías Baixas Salnés: elaborado a partir de uvas albariño nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades, todas elas producidas na subzona Val do Salnés.

a.5.-Rías Baixas: elaborado a partir das variedades brancas recoñecidas, producidas en calquera das subzonas citadas no artigo 4º, utilizando alomenos un 70% de uvas das variedades preferentes.

a.6.-Rías Baixas Barrica: procedente de viños definidos anteriormente, que no seu proceso de elaboración permanece en envases de madeira de carballo por un período mínimo de tres meses.

b.-Tintos:

b.1.-Rías Baixas: elaborado a partir das variedades tintas recoñecidas, producidas en calquera das subzonas citadas no artigo 4º, e nas proporcións que se estime axeitadas.

B.-Características analíticas:

Tipos Grao alcohólicoAcidez volátil realSulfuroso total

adquirido mínimomáxima (gr/l)máximo (mgr/l)

(%) vol.)(en ácido acético)

Rías baixas Albariño 11,3 0,65 140

Rías Baixas barrica11,5 0,70 180

Resto de brancos 11,0 0,80 190

Rías Baixas tintos10,0 0,80 150

C.-Características organolépticas:

Os viños amparados por esta denominación deben manter en todo momento os seus atributos varietais e tipicidade característicos.

2. O consello regulador por propia iniciativa ou por proposta dos elaboradores inscritos, logo dos informes técnicos e comprobacións necesarias, poderá calificar viños que, procedentes das variedades propias da denominación de orixe Rías Baixas, se obteñan por distintos procesos de elaboración e que signifiquen unha diversificación do producto final. Serán distinguidos no mercado cunha precinta especial.

Capítulo V

Rexistros

Artigo 13º

1. O consello regulador levará os seguintes rexistros:

a) Rexistro de viñas.

b) Rexistro de adegas de elaboración.

c) Rexistro de adegas de almacenamento.

d) Rexistro de adegas embotelladoras.

2. Para poder optar a inscribirse nos rexistros mencionados, tanto as viñas como as adegas, deberán estar situadas nas unidades xeográficas relacionadas no artigo 4º deste regulamento.

3. As solicitudes de inscrición dirixiranse ó consello regulador nos impresos que este dispoña, acompañando os datos, documentos e comprobantes que, en cada caso, sexan requeridos polas disposicións e normas vixentes.

Formulada a petición, as parcelas ou as adegas serán inspeccionadas por persoal técnico do consello regulador ó obxecto de comprobar se reúnen as condicións esixidas neste regulamento.

4. O consello regulador denegará as inscricións que non se axusten ós preceptos deste regulamento, ou ós acordos adoptados por aquel, sobre condicións complementarias mínimas de carácter técnico que deban reuni-las viñas e as adegas.

5. A inscrición nestes rexistros non exime ós interesados da obriga de inscribirse naqueles rexistros que, con carácter xeral, estean establecidos na lexislación vixente, e en especial no rexistro de industrias agroalimentarias e no de embotelladores e envasadores, se é o caso, o que haberá que acreditar previamente á inscrición nos rexistros do consello regulador.

Artigo 14º

1. No rexistro de viñas, unicamente poderán inscribirse aquelas situadas na zona de producción e que a súa uva poida ser destinada á elaboración dos viños protexidos.

2. Na inscrición figurará o nome do propietario e, se é o caso, o do colono, parceiro, arrendatario ou calquera outro titular de dereito real ou persoal que o faculte para a explotación dos viñedos; o nome da viña, lugar, parroquia e termo municipal no que estea situada, estremeiras e referencia catastral de cada parcela; superficie en producción, marco de plantación, idade do viñedo, variedade ou variedades, así como os seus portaenxertos; e cantos datos sexan necesarios para a súa correcta clasificación e localización.

3. Coa solicitude de inscrición acompañarase certificación catastral, e un plano ou bosquexo detallado, segundo determine o consello regulador, das parcelas obxecto dela, que permita identifica-la súa situación, e a autorización de plantación expedida polo órgano competente ou documentación equivalente.

4. O consello regulador entregará unha credencial da devandita inscrición ós viticultores.

5. A solicitude de inscrición no rexistro de viñas é voluntaria, ó igual que a súa correspondente baixa nel, sendo necesario cumpri-las obrigas pendentes co consello. Unha vez producida esta, deberan transcorrer catro anos naturais antes de que o viñedo en cuestión poida volver a inscribirse, salvo cambio de titularidade debidamente documentado.

Artigo 15º

1. En cada un dos rexistros de adegas inscribiranse todas aquelas que, situadas na zona de producción, realicen algunha das actividades de elaboración, almacenamento e/ou embotellado de viños procedentes de viñas inscritas e poidan optar ó uso da denominación de orixe Rías Baixas. Para iso deben cumprir tódolos requisitos que estipula este regulamento.

2. Na inscrición figurará: a denominación ou razón social da empresa; o seu domicilio legal; localidade e municipio onde estean situadas as súas instalacións; características, número e capacidade de envases e maquinaria; sistema de elaboración, sistema de estabilización e de embotellado, se é o caso; e cantos datos sexan necesarios para a perfecta identificación e catalogación da adega; ademais da inscrición rexistral, información fiscal e nome do xerente ou responsable, no caso de sociedades.

No caso de que o empresario non sexa o propietario dos locais, farase constar acreditando documentalmente esta circunstancia, e o título de uso, así como a identidade do propietario.

3. Coa solicitude de inscrición acompañaranse planos ou bosquexos acotados de situación, planta e perfil, a escala conveniente, onde se reflictan tódolos detalles de construcción e instalacións, así como copias dos certificados de inscrición nos diferentes rexistros estipulados pola lexislación vixente.

4. O consello regulador entregaralle ó titular un certificado acreditativo da dita inscrición, indicando as actividades para as que está inscrito e clasificándoa pola súa capacidade en maior ou igual de vinte mil litros, ou en menor da citada cantidade, creando dous subrexistros para tal efecto.

5. A inscrición nos rexistros de adegas é voluntaria, ó igual que a súa correspondente baixa, sendo necesario cumpri-las obrigas pendentes co consello.

Artigo 16º

1. Nas adegas inscritas nos rexistros da denominación de orixe Rías Baixas non poderá realizarse a elaboración, almacenamento ou manipulación de uvas, mostos ou viños obtidos de uvas procedentes de superficies vitícolas situadas fora da zona de producción desta denominación.

2. Sen embargo, nas ditas adegas inscritas autorizase a recepción de uvas, elaboración e almacenamento de viños de mesa que procedan da zona de producción, aínda cando non proveñan de viñedos inscritos, sempre que estas operacións, así como a manipulación

e almacenamento dos productos obtidos se realicen de forma separada das correspondentes ós productos que opten a ser amparados pola denominación de orixe, coa debida identificación dos envases, e segundo as normas que estableza o consello regulador.

3. As persoas físicas ou xurídicas que teñan inscritas viñas ou adegas, soamente poderán ter almacenadas as súas uvas, mostos ou viños en terreos ou locais declarados nos rexistros do consello, perdendo en caso contrario o dereito á cualificación.

Artigo 17º

1. Para a vixencia das inscricións nos correspondentes rexistros, será indispensable cumprir, en todo momento, os requisitos que impón o presente capítulo.

Será necesario comunicarlle ó consello regulador calquera variación que afecte os datos subministrados na inscrición cando esta se produza. En consecuencia o consello regulador poderá suspender ou revoga-las inscricións sempre que os titulares destas non se axusten ás citadas prescricións.

2. O consello regulador efectuará inspeccións periódicas para comproba-la efectividade do disposto no presente capítulo, quedando facultado para adopta-las medidas necesarias.

Se das inspeccións efectuadas se desprendese que unha entidade carece de actividade, ou que nos últimos dous anos non comercializou productos amparados pola denominación de orixe Rías Baixas, poderase suspender provisionalmente a inscrición no rexistro correspondiente, de acordo coas normas dictadas polo consello e logo de incoación de expediente, salvo causas de forza maior debidamente xustificadas ante aquel.

3. Tódalas inscricións nos diferentes rexistros serán voluntarias e renovaranse no prazo e forma que determine o consello regulador. No caso de adegas, os datos serán actualizados anualmente.

Capítulo VI

Dereitos e obrigas

Artigo 18º

1. Só as persoas físicas ou xurídicas, que teñan inscritos nos rexistros indicados no artigo 13º os seus viñedos ou instalacións, poderán producir uva con destino á elaboración de viños protexidos; ou elaborar, almacenar e embotellar viños que teñan que ser amparados pola denominación de orixe Rías Baixas.

2. Soamente pode aplicarse a denominación de orixe Rías Baixas ós viños procedentes de adegas inscritas nos rexistros correspondentes, producidos e elaborados conforme ás normas esixidas por este regulamento e que reúnan as condicións analíticas e organolépticas que deban caracterizalos.

3. O dereito ó uso da denominación de orixe Rías Baixas, e os seus símbolos, anagramas ou logotipo, en propaganda, publicidade, documentación ou etiquetas é exclusivo das firmas inscritas nos rexistros do consello regulador.

4. Toda persoa física ou xurídica que teña viñas ou adegas inscritas nos correspondentes rexistros desta denominación, queda obrigada ó cumprimento das disposicións deste regulamento e das normas e acordos que, dentro das súas competencias, dicten a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia e o consello regulador, así como a satisface-las exaccións que lle correspondan.

Artigo 19º

As marcas que figuran autorizadas, así como os símbolos, emblemas, lendas publicitarias ou calquera outro tipo de propaganda, que se empreguen aplicados ós viños protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas, non poderán ser utilizados na comercialización doutros viños, ou bebidas derivadas do viño, excepto nas augardentes amparadas pola denominación Específica Orujo de Galicia.

Excepcionalmente, cando o consello regulador, por petición do interesado, entenda que a aplicación deste nomes noutras bebidas derivadas do viño non poida causar prexuízo ós viños amparados, elevará a proposta sobre a súa aplicación á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 20º

1. Nas etiquetas de viños embotellados figurará sempre de forma destacada a mención Rías Baixas, e optativamente o seu logotipo, ademais dos datos que con caracter xeral se determinan na lexislación aplicable.

Nos viños protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas será obrigatoria a indicación do ano da súa colleita.

2. Antes da posta en circulación de etiquetas, estas deberán ser autorizadas polo consello regulador, para os efectos que se relacionan neste regulamento. Será denegada a aprobación daquelas etiquetas que, por calquera causa, poidan dar lugar a confusión no consumidor, así como poderá ser revogada a autorización dunha xa concedida anteriormente, cando variasen as circunstancias da firma propietaria dela, logo de audiencia ó interesado; todo isto sen prexuízo das competencias que correspondan a outras institucións en materia de supervisión do cumprimento das normas xerais de etiquetado.

3. Calquera que sexa o tipo de envases en que se expidan os viños para o consumo, irán provistos de precintas de garantía ou contraetiquetas numeradas, expedidas polo consello regulador, que deberán ser colocadas na propia adega de acordo coas normas que dicte o consello, e de forma que non se permita unha segunda utilización.

4. O consello regulador adoptará e rexistrará un emblema como símbolo da denominación de orixe Rías Baixas, logo de aprobación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

5. O consello regulador poderá facer obrigatorio que no exterior das adegas inscritas, e en lugar destacado, figure unha placa que reproduza o logotipo da denominación.

Artigo 21º

1. Toda expedición de uva, mosto, viño ou calquera outro producto ou subproducto da vinificación que teña lugar entre firmas inscritas, ainda pertencentes á mesma razón social, deberá ir acompañada pola documentación establecida na lexislación vixente en cada momento.

2. Alomenos, e conforme ó artigo 5 do Real decreto 323/1994, do 28 de febreiro, o expedidor comunicará previamente ó consello regulador toda expedición, para que este faga constar obrigatoriamente a certificación de orixe no documento de acompañamento.

3. O establecido nos puntos anteriores será esixible tamén no caso de expedición de uva, mosto, viño ou calquera outro producto da uva ou subproducto da vinificación, que teña lugar dunha firma inscrita a outra non inscrita.

Artigo 22º

1. A elaboración e o embotellado dos viños amparados pola denominación de orixe Rías Baixas deberá realizarse exclusivamente en adegas situadas dentro das zonas de producción e que se atopen inscritas no correspondente rexistro de adegas do consello.

2. O consello regulador poderá determina-los tipos e medidas dos envases para a comercialización do viño, que non prexudiquen a súa calidade e prestixio, facendo obrigatoria a súa utilización para ser protexido. Estes envases serán de vidro, das capacidades autorizadas pola Unión Europea, con exclusión expresa das botellas dun litro.

Artigo 23º

1. O consello regulador controlará, en cada campaña, as cantidades de viños amparados pola denominación que poderán ser expedidos por cada firma inscrita nos rexistros de adegas, de acordo coa producción de uva propia ou adquirida, entradas de mostos ou viños doutras firmas inscritas e existencias de campañas anteriores.

2. A requirimento das adegas inscritas, o consello regulador expedirá un certificado de orixe no modelo oficial, que avale a expedición de viños amparados.

Artigo 24º

O consello regulador facilitará ás persoas físicas ou entidades inscritas no rexistro de viñas un documento ou cartilla de viticultor, no que se exprese a superficie de viñedo inscrita, con desagregación de variedades, así como a producción máxima admisible para cada campaña, podendo establecerse outros datos que se consideren necesarios, co obxecto dunha mellor identificación ou control.

Artigo 25º

1. Co obxecto de poder controla-la producción, elaboración e existencias, así como as calidades, tipos e canto sexa necesario para poder acredita-la orixe e calidade dos viños, as persoas físicas ou xurídicas titulares de viñas e adegas estarán obrigadas a pre

sentar, ante o consello regulador, nos modelos correspondentes, as seguintes declaracións:

a) Tódalas firmas inscritas no rexistro de viñas presentarán, unha vez rematada a vendima e, en todo caso, antes do 30 de novembro de cada ano, declaración de colleita obtida en cada un dos viñedos inscritos, indicando o destino da uva e, en caso de venda, o nome do comprador e o seu domicilio. Se se producen distintas variedades de uvas, deberá declararse a cantidade de cada unha delas. As agrupacións de viticultores poderán tramitar nun só documento dita declaración, xuntando unha relación cos nomes, cantidades e demais datos correspondentes a cada socio.

b) Tódalas firmas inscritas no rexistro de adegas de elaboración deberán declarar, antes do 30 de novembro de cada ano, a cantidade de mosto e viño obtido, especificando os diversos tipos que elaboren. Será obrigatorio consigna-la procedencia da uva e o destino dos productos que se expidan, indicándose destinatario e cantidade. Mentres teña existencias deberá declarar ó consello regulador mensualmente as vendas efectuadas.

c) Tódalas firmas inscritas nos rexistros de adegas de almacenamento e de adegas embotelladoras presentarán, dentro dos dez primeiros días de cada mes, unha declaración de entradas e saídas de productos amparados durante o mes anterior, indicando a procedencia dos viños adquiridos. En todo caso, distinguiranse os diferentes tipos de viños.

2. As obrigas fixadas no apartado anterior non eximen ós interesados do cumprimento de efectúa-las declaracións de existencias, producción e elaboración, que se establecen na lexislación vixente.

Capítulo VII

Do consello regulador

Artigo 26º

1. O consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas é un organismo dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, con carácter de órgano desconcentrado, e con atribucións decisorias en cantas funcións se lle encomenden neste regulamento, de acordo co que determina o artigo 87 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do estatuto da viña, do viño e dos alcois.

2. O seu ámbito de competencia estará determinado:

a) No territorial, pola respectiva zona de producción.

b) En razón dos productos, polos protexidos pola denominación.

c) En razón das persoas, polas inscritas nos diferentes rexistros.

Artigo 27º

É misión principal do consello regulador, a de aplica-los preceptos deste regulamento e velar polo seu cumprimento, para o que exercerá as funcións que se lle encomendan nel e no ordenamento xurídico vixente.

Artigo 28º

O consello regulador poderá, se así se considerase oportuno, vixia-lo movemento de uvas, mostos e viños non protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas ou por calquera outra denominación, que se elaboren, embotellen, comercialicen ou transiten dentro da zona de producción, informando das irregularidades detectadas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, sen prexuízo da intervención dos organismos competentes no devandito control.

Artigo 29º

1. O consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas estará constituído por:

a) Un presidente.

b) Un vicepresidente.

c) Oito vocais, en representación do sector vitícola, titulares de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador, debendo estar representados tanto os viticultores individuais como os adheridos a cooperativas e sociedades agrarias de transformación. En calquera caso deberá existir representación das subzonas definidas neste regulamento.

d) Oito vocais en representación do sector vinícola, titulares de adegas inscritas nos rexistros do consello regulador, debendo estar representadas proporcionalmente á capacidade total declarada, tanto as adegas de máis de vinte mil litros, como as de menos. En calquera caso deberán estar representadas as subzonas definidas neste regulamento.

e) Dous vocais técnicos en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, designados por esta.

2. O presidente será nomeado, por proposta dos vocais electos, polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

O vicepresidente será designado polo conselleiro de Industria e Comercio.

3. Por cada un dos vocais dos sectores vitícola e vinícola, designarase un suplente, elixido da mesma forma que o titular.

4. Os cargos de vocais do consello regulador serán renovados cada catro anos, podendo ser reelixidos.

5. En caso de cesamento dun vocal, por calquera causa legal, a súa vacante será cuberta polo seu substituto, que permanecerá no cargo ata que se celebre a seguinte renovación do consello regulador.

6. O prazo para a toma de posesión dos vocais será, como máximo dun mes, contado desde a data da súa proclamación.

7. Causará baixa o vocal que durante o período de vixencia do seu cargo sexa sancionado por infracción grave en materias que regula este regulamento, ben persoalmente ou ben a firma á que represente. Igualmente, causará baixa por ausencia inxustificada a dúas sesións consecutivas ou a tres alternas no perío

do dun ano, ou por causar baixa nos rexistros do consello, ou por perder a súa vinculación co sector que o elixiu ou coa razón social á que pertenza.

Artigo 30º

Os vocais elixidos na forma que se determina anteriormente, deberán estar vinculados ós sectores que representan, ben directamente ou por ser representantes das sociedades que se dedican ás actividades aquí reguladas. Non obstante, unha mesma persoa física ou xurídica inscrita en varios rexistros do consello regulador non poderá ter neste representación dobre, unha no sector vitícola e outra no sector vinícola, nin directamente nin a través de firmas filiais ou socios dela.

Artigo 31º

1. Ó presidente correspóndelle:

a) Representa-lo consello regulador. Esta representación poderá delegala de forma expresa nos casos en que sexa necesario.

b) Cumprir e facer cumpri-las disposicións legais e regulamentarias.

c) Administra-los ingresos e fondos do consello regulador e ordena-los pagamentos, de acordo coas decisións tomadas polo Pleno.

d) Convocar e presidi-las sesións do consello regulador, sinalando a orde do día, sometendo á súa decisión os asuntos da súa competencia, e executa-los acordos adoptados.

e) Organiza-lo réxime interior do consello regulador.

f) Propoñerlle ó consello a contratación, suspensión ou renovación do seu persoal.

g) Organizar e dirixi-los servicios.

h) Informar á Administración pública correspondente das incidencias que ocorran na producción e mercado.

i) Remitirlle á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, e a outros organismos interesados, aqueles acordos que, para cumprimento xeral, acorde o consello en virtude das atribucións que lle confire este regulamento e aqueles que pola súa importancia estime que deban ser coñecidos por eles.

j) Aqueloutras funcións que o consello acorde, ou que lle encomende a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, consonte cos fins encomendados.

2. A duración do mandato do presidente será de catro anos, podendo ser reelixido.

3. O presidente cesará:

a) Ó expira-lo termo do seu mandato.

b) Por petición propia, unha vez aceptada a súa dimisión.

c) Por decisión da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo de incoación e resolución do expediente para o efecto, por incorrer nalgunha das causas xerais de incapacidade establecidas na lexis

lación vixente ou por perda da confianza do pleno, manifestada en votación secreta por maioría de dous tercios dos seus membros.

d) Polas demais causas recoñecidas no ordeamento xurídico.

4. En caso de cesamento ou falecemento do presidente, o consello regulador no prazo dun mes, proporá un candidato a presidente, comunicándollo á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa designación.

5. As sesións de constitución do consello regulador, e aquelas nas que se estudie a elección de presidente, serán presididas por unha mesa de idade composta polo vocal de maior idade e os dous máis novos.

Artigo 32º

Correspóndelle ó vicepresidente do consello regulador substituí-lo presidente en casos de ausencia, enfermidade e nos demais previstos neste regulamento. No exercicio das súas funcións en defecto do presidente, o vicepresidente terá as mesmas competencias e obrigas daquel.

Artigo 33º

1. O consello reunirase cando o convoque o presidente, ben por propia iniciativa ou por petición da metade dos vocais, sendo obrigatorio celebrar sesión, polo menos, unha vez ó trimestre.

2. As sesións do consello regulador convocaranse con oito días de antelación, alomenos; debendo a citación ir acompañada da orde do día para a reunión, na que non se poderán tratar máis asuntos cos previamente sinalados.

Para a inclusión na orde do día dun asunto determinado, non incorporado polo presidente, será necesario que o soliciten alomenos tres dos vocais, con catro días de antelación como mínimo.

En caso de necesidade, cando así o requira a urxencia do asunto a xuízo do presidente, citaranse os vocais polos medios axeitados, con vintecatro horas de anticipación como mínimo.

A falta de convocatoria e con carácter excepcional, o consello regulador quedará validamente constituído cando estean presentes a totalidade dos seus membros e así o acorden por unanimidade.

3. Cando un titular non poida asistir, notificarallo ó consello regulador, expresando a causa da súa ausencia, para os efectos de que poida ser substituído polo seu suplente.

4. Os acordos do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas, adoptaranse por maioría dos membros presentes, e para a súa validez será necesario que estean presentes máis da metade dos seus membros. O presidente terá voto de calidade.

5. Para resolver cuestións de trámite, ou naqueles casos en que se estime necesario, poderá constituirse unha comisión permanente, que estará formada polo presidente e, alomenos, dous vocais titulares designados polo Pleno, un en representación de cada sector.

Na sesión na que se acorde a constitución da dita comisión permanente, aprobaranse tamén as misións específicas que lle competen e as funcións que exercerá.

O Pleno nomeará, sen contravi-la lexislación vixente, unha comisión de cualificación, coa misión específica de acorda-la cualificación, descualificación ou emprazamento das partidas de viño sometidas ó control do consello regulador, á vista dos informes técnicos correspondentes.

O Pleno do Consello regulador poderá, así mesmo, establecer outras comisións para tratar ou resolver asuntos concretos.

Tódalas resolucións que tome a comisión permanente ou outras comisións, serán comunicadas ó pleno do consello na primeira reunión que este celebre.

Artigo 34º

1. Para o cumprimento dos seus fins, o consello regulador contará co persoal necesario, de acordo co cadro de persoal aprobado polo Pleno, e que figure dotado no seu orzamento.

2. O consello regulador terá un secretario, designado polo propio consello, por proposta do presidente, do que directamente dependerá, e que terá como cometidos específicos os seguintes:

a) Prepara-los traballos do consello e tramita-la execución dos seus acordos.

b) Asistir ás sesións con voz, pero sen voto, cursa-las convocatorias, levanta-las actas e custodia-los libros e documentos do consello.

c) Os asuntos relativos ó réxime interior do consello, tanto de persoal como administrativos, exercendo a xefatura inmediata sobre o persoal.

d) Actuar como instructor nos expedientes sancionadores incoados polo consello regulador.

e) As demais funcións que lle encomende o presidente relacionadas coa preparación e instrumentación dos asuntos da competencia do consello.

3. Para as funcións técnicas que ten encomendadas, o consello contará cos servicios técnicos necesarios, a dirección dos cales recaerá en técnico competente designado polo consello por proposta do presidente.

4. Para os servicios de control e vixilancia contará con vedores propios, encadrados dentro dos servicios técnicos. Estes vedores serán designados polo consello regulador e habilitados, despois de solicitude do propio consello, pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, coas seguintes funcións inspectoras:

a) Sobre os viñedos situados na zona de producción.

b) Sobre as adegas situadas na zona de producción.

c) Sobre a uva e os viños na zona de producción.

5. O consello regulador poderá contrata-lo persoal necesario para efectuar traballos urxentes, sempre que teña aprobado no orzamento dotación para este concepto.

6. A todo o persoal do consello, tanto con carácter fixo como eventual, seralle de aplicación a lexislación laboral vixente.

Artigo 35º

1. O consello regulador establecerá un comité de cualificación dos viños, formado por cinco expertos como mínimo, e un delegado do presidente do consello. Este comité terá como misións emitir informe de calidade dos viños que opten a ser amparados pola denominación de orixe Rías Baixas, de acordo co establecido no artigo 11º deste regulamento. O devandito comité poderá contar cos asesoramentos técnicos que estime necesarios.

2. No relativo á constitución e funcionamento do comité de cualificación, así como nas normas de desenvolvemento do disposto no artigo 11º deste regulamento, terase en conta o disposto na orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 9 de abril de 1996, pola que se establecen as normas relativas ó proceso de cualificación que deben supera-los viños con dereito a denominación de orixe no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A comisión de cualificación, á vista dos informes técnicos preceptivos do comité de cualificación, resolverá o que proceda e, se é o caso, a non cualificación do viño. A resolución denegatoria terá carácter provisional durante os dez días seguintes á súa comunicación, sendo firme en caso contrario. Se neste prazo o interesado recorre a resolución, esta pasará ó Pleno do consello para resolve-lo que proceda, unha vez efectuados os exames analítico e/ou organoléptico solicitados. Este novo exame organoléptico sería realizado por un comité de apelación, que se constituirá para o efecto.

Artigo 36º

1. O financiamento das obrigas do consello efectuarase cos seguintes recursos:

1.1. Co producto das exaccións parafiscais que se fixan no artigo 90 da Lei 25/1970, ás que se aplicarán os seguintes tipos:

a) O 1% á exacción anual sobre plantacións.

b) O 1,5 % á exacción sobre productos amparados comercializados.

c) Pola expedición de certificados ou visados de facturas haberá de aterse ó establecido en cada caso pola normativa vixente.

d) O dobre do prezo de custo sobre as precintas ou contraetiquetas.

Os suxeitos pasivos de cada unha das exaccións son: da a), os titulares das plantacións inscritas; da b), os titulares das adegas inscritas que expidan viño amparado por esta denominación de orixe ó mercado; da c), os titulares das adegas inscritas solicitantes de certificados ou visados de facturas; da d), os titulares das adegas inscritas solicitantes de contraetiquetas ou precintas.

1.2. As subvencións, legados, donativos e demais transmisións de bens e dereitos a título gratuíto, das que sexa beneficiario o consello regulador.

1.3. As cantidades que puidesen percibirse en concepto de indemnización por danos e perdas ocasionados ó consello regulador ou ós intereses que representa.

1.4. Os bens que constitúen o seu patrimonio e os productos e vendas del.

2. Os tipos impositivos fixados neste artigo poderán variarse, por proposta do consello regulador, pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos límites sinalados no artigo 90 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, e no seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, cando as necesidades orzamentarias do consello así o recomenden.

3. A xestión dos ingresos e gastos que figuren nos orzamentos correspóndelle ó consello regulador.

4. A aprobación dos orzamentos do consello regulador e da súa contabilidade será efectuada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, de acordo coas normas establecidas por este organismo e coas atribucións e funcións que lle asigne a lexislación vixente na materia.

Artigo 37º

1. Os acordos do consello regulador que non teñan caracter particular e afecten a unha pluralidade de suxeitos, poderán notificarse mediante o envío de circulares ós inscritos, e serán expostas nas oficinas do consello regulador. Tamén se remitirán ás casas do concello dos municipios incluídos dentro da zona de producción e ás organizacións do sector legalmente constituídas. A exposición das ditas circulares publicarase alomenos nun dos medios seguintes: Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra ou periódico de maior tirada na devandita provincia..

2. Contra os acordos e resolucións que adopte o consello regulador poderase interpoñer recurso, en todo caso, ante a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, dentro do prazo dun mes contado desde a comunicación daqueles, tal como prevén os artigos 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Capítulo VIII

Infraccións, sancións e procedemento

Artigo 38º

Tódalas actuacións que sexa preciso desenvolver en materia de expedientes sancionadores axustaranse ás normas deste regulamento, ás da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do estatuto da viña, do viño e dos slcois, e ó seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo; ó Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria, en canto lles sexa de aplicación; á

vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ó Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e a cantas disposición xerais estean vixentes no seu momento sobre a materia.

Artigo 39º

1. As infraccións ó disposto neste regulamento e ós acordos do consello regulador serán sancionadas con apercibimento, multa, comiso da mercadoría, suspensión temporal no uso da denominación de orixe ou baixa no rexistro ou rexistros desta, conforme se expresa nos artigos seguintes, sen prexuízo das sancións que por contravi-la lexislación xeral sobre a materia poidan ser impostas.

2. As bases para a imposición de multas determinarase, de acordo co artigo 120 do Decreto 835/1972, do 23 de marzo.

Artigo 40º

As infraccións cometidas polas persoas inscritas nos rexistros da denominación de orixe ó presente regulamento e ós acordos do consello regulador clasifícanse en:

a) Faltas administrativas.

b) Infraccións ó establecido neste regulamento sobre producción, elaboración e características dos viños protexidos.

c) Infraccións por uso indebido da denominación ou por actos que poidan causarlle prexuízo ou desprestixio.

d) Infraccións por obstrucción ás tarefas inspectoras ou de control do consello regulador ou dos seus axentes autorizados, conforme o establecido no artigo 5.2 do Real Decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Artigo 41º

1. Son faltas administrativas, en xeral, as inexactitudes e omisións nas declaracións, documentos comerciais autorizados, asentos, libros de rexistro, fichas de control e demais documentos e, especialmente, as seguintes:

a) Inexactitudes e omisións de datos e comprobantes, nos casos en que sexan precisos para a inscrición nos distintos rexistros, sempre que non sexan determinantes para a inscrición.

b) Non comunicarlle antes dun mes ó consello regulador, desde o momento en que se produza, calquera variación que afecte ós datos subministrados no momento da inscrición nos rexistros.

c) O incumprimento por inexactitude ou omisión do establecido neste regulamento e nos acordos do consello regulador sobre declaracións de colleita, elaboración e existencias de viños.

d) O incumprimento da normativa vixente na expedición de productos, en referencia ó citado no artigo 21 deste regulamento.

e) A falta de libros de rexistro, fichas de control, ou cantos outros documentos sexan obrigatorios conforme ó presente regulamento.

f) As restantes infraccións ó regulamento ou ós acordos do consello regulador na materia á que se refire este artigo.

2. As faltas administrativas sancionaranse con apercebemento, ou con multa do 1 ó 10% da base por cada hectárea no caso de viñedos, ou do valor dos productos afectados.

Artigo 42º

1. Son infraccións ás normas establecidas neste Regulamento sobre producción, elaboración e características dos viños amparados, as seguintes:

a) O incumprimento das normas sobre prácticas de cultivo.

b) Expedir ou utilizar para a elaboración dos productos amparados uva, mosto ou viño con rendementos superiores ós autorizados, ou previamente descualificados.

c) Empregar na elaboración de viños protexidos uva de variedades distintas das autorizadas, ou uva das variedades autorizadas en proporcións diferentes ás establecidas.

d) O incumprimento das normas de elaboración dos viños.

e) A subministración de información ou documentación falsa.

f) As restantes infraccións que se produzan contra o disposto no regulamento ou contra os acordos do consello regulador, na materia a que se refire este artigo.

2. Estas infraccións sancionaranse con multa do 2 ó 20% da base por cada hectárea en caso de viñedos, ou do valor dos productos afectados. Ademais neste último caso poderá ser aplicado o comiso.

Artigo 43º

1. Son infraccións por uso indebido da denominación de orixe, ou por actos que poidan causarlle prexuízo ou desprestixio, as seguintes:

a) A utilización de nomes comerciais, marcas, símbolos ou emblemas que fagan referencia á denominación de orixe Rías Baixas ou ós nomes protexidos por ela, na comercialización doutros viños non protexidos ou doutros productos de similar especie, así como as infraccións ó artigo 20º.

b) O uso da denominación en viños que non fosen elaborados, producidos ou embotellados conforme ás normas establecidas pola lexislación vixente e por este regulamento, ou que non reúnan as condicións analíticas e organolépticas que deban caracterizalos.

c) O emprego de nomes comerciais, marcas ou etiquetas non aprobados polo consello regulador.

d) As infraccións ó disposto no artigo 16 deste regulamento.

e) A indebida posesión, negociación ou utilización dos documentos, precintas, etiquetas, contraetiquetas, selos, etc., propios da denominación ou do consello regulador.

f) A existencia de uvas, mostos ou viños en adega inscrita sen a preceptiva documentación que ampare a súa orixe como producto protexido pola denominación, ou a existencia en adega de documentación que acredite unhas existencias de uvas, mostos ou viños protexidos pola denominación sen a contrapartida destes productos. As existencias de viño en adega deben coincidir coas existencias declaradas documentalmente, se ben o consello regulador non entenderá como infracción diferencias inferiores ó 2% en máis ou en menos.

g) A expedición de viños que non correspondan ás características de calidade mencionadas nos seus medios de comercialización.

h) A expedición, circulación ou comercialización de viños amparados en tipos de envases non aprobados polo consello regulador.

i) A expedición, circulación ou comercialización de viños amparados pola denominación desprovistos das precintas ou contraetiquetas numeradas, ou carentes dos medios de control establecidos polo consello regulador.

j) Efectua-lo embotellado, precintado ou contraetiquetado de envases en locais que non sexan as adegas inscritas e autorizadas polo consello regulador, ou non axustarse ós acordos do consello nesta materia.

k) O incumprimento do establecido neste regulamento ou nos acordos do consello regulador, no referente a envases, documentación, precintado e trasvasamento de viños para a exportación.

l) Falsear ou omitir nas declaracións para a inscrición nos diferentes rexistros os datos e comprobantes que en cada caso sexan precisos, sempre que sexan determinantes para a inscrición.

ll) A manipulación, traslado ou disposición en calquera forma, da mercadoría intervida cautelarmente polo consello regulador.

m) Non ter pagado as exaccións parafiscais previstas no artigo 36 por parte dos suxeitos pasivos de cada unha das devanditas exaccións.

n) En xeral calquera acto que contraveña o disposto neste regulamento ou nos acordos do consello regulador e que prexudique ou desprestixie a denominación, ou supoña un uso indebido dela.

2. Estas infraccións sancionaranse con multa que irá dende vinte mil pesetas ata o dobre do valor da mercadoría ou productos afectados, cando este valor supere a dita cantidade, levando aparellado o comiso do producto en cuestión.

Artigo 44º

1. Son infraccións por obstrucción ás tarefas inspectoras ou de control do consello regulador, as seguintes:

a) A negativa ou resistencia a subministra-los datos, facilita-la información ou permiti-lo acceso á docu

mentación requirida polo consello regulador ou os seus axentes autorizados, para o cumprimento das funcións de información, vixilancia, investigación, inspección, tramitación e execución, nas materias ás que se refire o presente regulamento, ou ás demoras inxustificadas para facilita-los referidos datos, información ou documentación.

b) A negativa á entrada ou permanencia dos vedores do consello regulador nos viñedos, adegas e demais instalacións inscritas e os seus anexos.

c) A resistencia, coacción, ameaza, represalia ou calquera outra forma de presión ós veedores ou representantes do consello regulador, así como a tentativa de exercer tales actos.

2. Estas infraccións sancionaranse de acordo co establecido no Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Artigo 45º

1. As infraccións cometidas polas persoas non inscritas nos rexistros do consello regulador, son:

a) Usar indebidamente a denominación de orixe Rías Baixas.

b) Utilizar nomes comerciais, marcas, expresións, signos ou emblemas que pola súa identidade ou similitude gráfica ou fonética cos nomes protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas, ou con signos ou emblemas característicos dela, podan inducir a confusión sobre a natureza e a orixe dos productos, sen prexuízo dos dereitos adquiridos, que sexan debidamente recoñecidos polos organismos competentes.

c) Emprega-los nomes xeográficos protexidos por esta denominación de orixe en etiquetas e propaganda de viños e productos derivados, sen dereito á denominación, aínda que vaian precedidos polos termos «tipo» ou outros análogos.

d) Calquera acción que cause prexuízo ou desprestixio á denominación de orixe Rías Baixas e tenda a producir confusión no consumidor respecto desta.

2. Estas infraccións sancionaranse con multa que irá dende vinte mil pesetas ata o dobre do valor da mercadoría cando este valor supere aquela cantidade, e ademais co seu comiso.

Artigo 46º

Para a aplicación das sancións previstas nos artigos anteriores teranse en conta as seguintes normas:

1. Aplicaranse no seu grao mínimo cando:

a) Se trate de simples irregularidades na observancia das regulamentacións, sen trascendencia directa para os consumidores ou que non supoñan especial beneficio para o infractor.

b) Se reparen os defectos no prazo establecido para iso polo consello regulador.

c) Se probe que non existiu mala fe.

2. Aplicaranse no seu grao medio cando:

a) A infracción teña trascendencia directa sobre os consumidores ou supoña un beneficio especial para o infractor.

b) Non se reparen os defectos no prazo sinalado polo consello

c) A infracción se produza por unha actuación neglixente, con inobservancia das normas de actuación expresamente acordadas polo consello regulador.

d) En tódolos demais casos en que non proceda a aplicación dos graos mínimo ou máximo.

3. Aplicaranse no seu grao máximo cando:

a) Se produza reiteración na negativa a facilitar información, prestar colaboración ou permiti-lo acceso á documentación esixida por este regulamento ou polos acordos do consello regulador.

b) Se probe manifesta mala fe.

c) Da infracción se deriven graves prexuízos para a denominación, os seus inscritos e/ou os consumidores.

d) Se producise obstrucción ós vedores do consello na investigación da infracción.

4. Nos casos das infraccións tipificadas no apartado e) do artigo 44.1º; nos apartados a), b), d), i), j) na súa primeira parte, l), ll) e m) do artigo 45.1; nos apartados a), na súa primeira parte, b) e c) do artigo 46.1º, poderase aplica-la suspensión temporal do uso da denominación ou sancionar coa baixa nos seus rexistros.

A suspensión do dereito ó uso da denominación de orixe levará aparellada a suspensión do dereito a obter certificados de orixe, precintas, contraetiquetas e demais documentos do consello regulador.

A baixa suporá a exclusión do infractor nos rexistros do consello e, como consecuencia, a perda dos dereitos inherentes á denominación.

Artigo 47º

Considerase que hai reincidencia cando o infractor fose sancionado, mediante resolución firme, por unha infracción das comprendidas no presente regulamento, durante os cinco anos anteriores.

En caso de reincidencia as multas serán superiores nun 50% ás máximas establecidas neste regulamento. Se o reincidente cometera nova infracción, as multas poderán ser elevadas ata o triple dos devanditos máximos.

Artigo 48º

1. Poderá ser aplicado o comiso dos productos, como sanción única ou como accesoria doutra principal, se é o caso, ou o pagamento do importe do seu valor cando o comiso non sexa factible.

2. No caso de desaparición, cambio ou calquera manipulación efectuada sobre a mercadoría retida, intervida ou comisada observarase o disposto no Código Penal.

Artigo 49º

1. O procedemento sancionador poderá iniciarse en virtude das actas levantadas polos vedores do consello regulador, por comunicación dalgunha autoridade ou

órgano administrativo, ou por denuncia formulada polos particulares sobre algún feito ou conducta que poida ser constitutivo de infracción.

2. As actas de inspección levantaranse por triplicado e serán asinadas polo vedor e polo dono ou representante do predio, establecemento ou almacén, ou encargado da custodía da mercadoría, en poder do que quedará unha copia da acta.

Ámbolos dous asinantes poderán consignar na acta cantos datos ou manifestacións consideren convenientes para a estimación dos feitos que se consignan nela, así como de cantas incidencias ocorran no acto de inspección ou levantamento da acta.

As circunstancias que o vedor consigne na acta consideraranse feitos probados, salvo que pola outra parte se demostre o contrario.

Se o interesado na inspección se negara a asina-la acta, farao constar así o vedor, procurando a sinatura dalgún axente da autoridade ou testemuña.

3. No caso de que o vedor ou odono da mercancía, ou o representante desta o consideren conveniente, tomaranse mostras do producto obxecto de inspección. Cada mostra tomarase, alomenos, por triplicado e en cantidade suficiente para o seu exame e análise. Precintaranse e etiquetaranse, quedando unha en poder do interesado.

4. Cando o vedor que levante a acta o estime necesario, poderá dispoñer que a mercadoría, etiquetas, contraetiquetas ou outros artigos queden retidos ata que o instructor do expediente dispoña o pertinente, dentro do prazo de corenta e cinco días hábiles a partir da data de levantamento da acta de inspección.

As mercadorías retidas consideraranse como mercadorías en depósito, non podendo por tanto ser trasladadas, manipuladas, ofrecidas en venda ou vendidas. No caso de que se estime procedente poderán ser precintadas.

Artigo 50º

1. A incoacción e instrucción dos expedientes sancionadores corresponderalle ó consello regulador cando o infractor estea inscrito nalgún dos seus rexistros.

Nos demais casos o consello regulador porao en coñecemento dos órganos competentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2. Con anterioridade á iniciación do procedemento sancionador, o consello regulador poderá realizar actuacións previas, e solicitará os informes necesarios das persoas que considere convenientes, a fin de determinar se concorren circunstancias que xustifiquen tal iniciación.

3. A resolución dos expedientes incoados polo consello regulador correspóndelle ó propio consello, cando a sanción a impoñer non exceda de cincuenta mil pesetas. Se excedera desta cantidade, elevará a súa proposta á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Para os efectos de determina-la competencia a que se refire o apartado anterior engadiráselle o valor do comiso ó importe da multa.

4. Nos expedientes de carácter sancionador incoados polo consello regulador, deberá actuar como instructor o secretario do consello, e como secretario exercerá o seu letrado, ou no caso de non habelo, unha persoa ó seu servicio, asegurando sempre a axeitada separación entre as fases de instrucción e resolución, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5. A decisión sobre o comiso definitivo dos productos ou o destino destes corresponderalle a quen teña atribuída a facultade de resolve-lo expediente.

Artigo 51º

Das infraccións en productos envasados será responsable a firma ou razón social que o nome da cal figure na etiqueta. Sobre as que se producisen en productos a granel, o poseedor deles. As que se deriven do transporte de mercadorías recaerá a responsabilidade nas persoas que determine a lexislación vixente.

Artigo 52º

Nos casos nos que a infracción concierna ó uso indebido da denominación, o consello regulador, sen prexuízo das actuacións e sancións administrativas pertinentes, poderá acudir ós tribunais de xustiza, exercendo as accións civís e penais oportunas, debidamente recoñecidas pola lexislación vixente.

5882