Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 5417/1996, interposto por Pastora Álvarez Varela.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo 5417/1996, interposto por Pastora Álvarez Varela, contra desestimación por silencio da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do recurso ordinario contra resolución da CPU da Coruña, do 4-5-1995, que aprobou o texto refundido do proxecto das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Arteixo, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó devandito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9607587