Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

PROXECTO de trazado de nova estrada a Ríos (Teis).

O Pleno do Concello, en sesión do día 29 de xullo de 1996, acordou o seguinte:

Aprobar inicialmente o proxecto de trazado de nova estrada de acceso a Ríos, en Teis, redactado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en cumprimento do convenio subscrito entre esa consellería e o Concello de Vigo. O trazado adáptase sensiblemente ó fixado noi PXOU cos necesarios axustes pola resolución dos problemas técnicos da obra. A obra ten un orzamento de entrada de 128.652.540 ptas. e un prazo de execución de 12 meses.

Así como, somete-lo proxecto a exposición pública polo prazo de quince días hábiles para exame e alegacións, se é o caso.

Vigo, 2 de setembro de 1996.

P.D.

José Antonio Gil Sotres

Alcalde