Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

URXENTE ocupación de bens e dereitos afectados pola continuación de labores de explotación na concesión de lousa Calzada, número 4288, sita no termo municipal de Vilamartín de Valdeorras.

Polo Decreto 364/1996, do 26 de setembro, da Xunta de Galicia, declarouse a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a explotación da concesión citada, da que é titular Pizarras Gallegas, S.A. (JURJOSA), para os efectos da expropiación forzosa.

Por conseguinte faise público que, de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, unha vez transcorridos oito días desde a última publicación a que se refire a expresada norma legal, o representante da Administración levantará sobre o terreo as actas previas á ocupación.

A relación concreta e individualizada de interesados e dos seus bens expóñense no taboleiro de anuncios do concello e xa se publicou no BOE nº 45, do 21 de febreiro de 1996. A estes interesados notificaráselles, ademais, mediante cédula, o día e hora no que se levantará a acta previa á ocupación de cada un dos seus bens, infórmaselles que, se así o consideran oportuno, poderán acompañarse de peritos e notario.

Ourense, 10 de outubro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7485