Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 15/1996, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da subministración dun láser de ND YAG.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca a seguinte concurso público, polo trámite de urxencia:

-Obxecto e orzamento.

Contratación de: subministración dun láser de ND YAG.

Orzamento: 6.000.000 de ptas. (seis millóns de ptas.).

-Prazo de execución.

Antes de 30 días, a partir da comunicación da adxudicación.

-Forma de adxudicación.

Procedemento aberto por medio de concurso público nº 15/1996, tramitado con carácter urxente.

-Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

-Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

-Solvencia técnica.

Acreditarase por medios de mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

-Fianza provisional.

2% do orzamento total.

-Criterios de adxudicación.

Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado 5 puntos

2 Calidade dos materiais3 puntos

3Prazo de entrega 2 puntos

-Documentación de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tlno. (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41).

-Presentación de proposicións.

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

-Apertura de proposicións.

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 7 de outubro de 1996.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón