Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación da obra de adecuación da residencia da terceira idade de Santiago de Compostela á NBE-CPI-91 e regulamento de instalación de protección contra incendios.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Xestión Económica.

c) Número de expediente: 7/96.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adecuación da residencia da 3ª idade de Santiago de Compostela á NBE-CPI-91 e regulamento de instalación de protección contra incendios.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: residencia da 3ª idade de Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: vinteún millóns dúascentas sesenta e nove mil seiscentas setenta e cinco pesetas. (21.269.675 ptas.).

5. Garantías.

a) Provisional: catrocentas vintecinco mil trescentas noventa e catro pesetas (425.394 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15011.

d) Teléfono: (981) 18 58 06.

e) Telefax: (981) 18 58 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: grupo K, subgrupo 9, categoría d.

b) Outros requisitos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece días (13) naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido, e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de outubro de 1996.

Diego M. Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

9607555