Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 21 de outubro de 1996 Páx. 9.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración de equipación de megafonía con destino ó salón de sesións do Pazo Municipal.

1. Entidad adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: SS96/114.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipos de megafonía con destino ó salón de sesións do Pazo Municipal.

b) Número de unidades a entregar:

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: véxase o punto 1.

e) Prazo de entrega: será fixada polos licitadores na súa oferta e non poderá ser superior a sesenta días, entendéndose non só a subministración do material senón a súa instalación, proba e posta a punto.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 11.189.698 (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 223.793 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. NO caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

-Entidade: véxase punto 1.

-Enderezo: véxase punto 6 b.

-Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta Económica», «Documentación Administrativa» e «Documentación Técnica», e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de equipos de megafonía con destino ó salón de sesións do Pazo Municipal».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 11 de outubro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado