Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 21 de outubro de 1996 Páx. 9.350

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (26/1996-3).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo xustiza gratuíta que se segue neste xulgado co número 26/1996-3, se dictou a sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, 22 de abril de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co nº 26/1996-3 e como peza separada do procedemento de menor contía 8.96, no que actuaron como demandante Mª Luisa Castiñeiras Tarrío, representada pola procuradora dos tribunais Mª Rita Goimil Martínez e asistida do letrado Julio Daniel Quintáns Trenco e no que se deu audiencia ó Banco de Galicia, S.A., Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández e ó letrado da Xunta de Galicia.

Decido que estimando a demanda presentada debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de María Luisa Castiñeiras Tarrío, co obxecto de litigar en xuízo de tercería de mellor dereito contra o resto de demandados, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ós demandados rebeldes Antonio Fernández Vázquez e Elisa Gutiérrez Fernández, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

7541