Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 21 de outubro de 1996 Páx. 9.283

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de outubro de 1996 pola que se clasifican e se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a solicitude e a documentación achegada polo concello de Viana do Bolo (Ourense) con data 26 de setembro de 1996, relativa á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase segunda, en secretaría de clase terceira, correspondente á subescala de secretaría-intervención.

Esta consellería de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de secretaría do Concello de Viana do Bolo, provincia de Ourense, quedando clasificado en clase terceira.

Segundo.-Suprimi-lo posto de intervención do devandito concello.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, logo de comunicarllo a esta

consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5019