Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación polo sistema de concursos, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adquisición de diversos lotes de instrumental xeral (expediente 21/1996); adquisición dun equipo móbil de fluoroscopía dixital (expediente 22/1996); adquisición dun ultramicrotomo e un microscopio para o Servicio de Anatomía Patolóxica (expediente 23/1996); e adquisición de pequenos aparellos, mobiliario clínico e utensilios (expediente 24/1996), para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cies de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca os seguintes concursos:

-Expediente 21/1996.

1. Obxecto: adquisición de diversos lotes de instrumental xeral.

2. Orzamento: 3.475.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 22/1996.

1. Obxecto: adquisición dun equipo móbil de fluoroscopía dixital.

2. Orzamento: 10.000.000 de ptas., IVE incluído.

-Expediente 23/1996.

1. Obxecto: adquisición dun ultramicrotomo e un microscopio para o Servicio de Anatomía Patolóxica.

2. Orzamento: 9.900.000 ptas., IVE incluído.

Expediente 24/1996.

1. Obxecto: adquisición de pequenos aparellos, mobiliario clínico e utensilios.

2. Orzamento: 3.860.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: admitiranse como máximo unha variante por producto nos expedientes 21 e 24/1996. Non se admitirán variantes nos expedientes 22 e 23/1996.

5. Garantía provisioal: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedimento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se exise.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Ley 13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracions públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

-Expediente 21/1996.

1. Calidade do instrumental: ata 5 puntos.

2. Prezo: ata 3 puntos.

3. Garantía do instrumental: ata 2 puntos.

-Expedientes 22 y 23/1996.

1. Prezo: ata 5 puntos.

2. Calidade técnica: ata 3 puntos.

3. Servicio técnico: ata 2 puntos.

-Expediente 24/1996.

1. Prezo: ata 5 puntos.

2. Calidade técnica: ata 3 puntos.

3. Garantía: ata 1 puntos.

4. Prazo de entrega: ata 1 punto.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación

complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cies, rúa Pizarro, 22 - 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicions: as proposicions, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cies, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Apertura de proposicions: a apertura das proposicions admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral as 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 27 de agosto de 1996.

José Manuel González Álvarez

Director xerente

7520