Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.254

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso oposición para o ingreso nas categorías de auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa e pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), e adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes no terceiro exercicio da fase de oposición, de conformidade co disposto no apartado 12 da base sexta A) da citada convocatoria, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, demais de expoñe-los listados correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou

complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste, facultándose para isto expresamente esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das categoría de auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa e pinche relativas ó terceiro exercicio da fase de oposición, tendo en conta que, de conformidade coa devandita

convocatoria tódolos presentados a este último exercicio teñen a condición de aptos.

Segundo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

9607459