De conformidade co disposto na base común 9, apartado 6 da orde desta consellería do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Facer pública, por número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade italiano, no anexo I desta orde.
Segundo.-Facer pública, por número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades música de cámara, trompeta, tuba e violín no anexo II desta orde.
Terceiro.-Os relacionados nestes anexos, que estean cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesite aprazamento da incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.
Cuarto.- Os opositores aprobados e relacionados nos anexos deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación
que se relaciona na base común 10 da Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orden.
Quinto.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de trascurridos dous meses desde a publicación da presente orde.
Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
Sr. Director General de Persoal
ANEXO I
Número Apelidos e nome DNI Qenda
Disciplina: 592012 Italiano
1 Jiménez Moreno, María Sonsoles 6559072 L
2 Ramos Escudero, José Antonio 13927669 L
ANEXO II
Número Apelidos e nome DNI Qenda
Disciplina: 594039 Música de Cámara
1 García Lomba, Mª Cristina 76894085 L
2 Pallas Magraner, Javier 20003165 L
Disciplina: 594058 Trompeta
1 Viceiro Filgueira, Javier 35321351 L
Disciplina: 594059 Tuba
1 Nogueroles Bermúdez, Eduardo 33451917 L
Disciplina: 594061 Violín
1 Cedrón Fernández, Javier 32832655 L
9607419