De conformidade co disposto no artigo 3.1º a) da Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, e logo da elección efectuada polo Consello da Cultura Galega en sesión ordinaria do 14 de outubro de 1996, e tra-la reunión do Consello da Xunta de Galicia do dezasete de outubro de mil novecentos noventa e seis,
Nomeo a Carlos Casares Mouriño, presidente do Consello da Cultura Galega.
Santiago de Compostela, dezasete de outubro de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura e Comunicación Social
7507