Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/72-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado I, L.M.T. e CC.TT. Polig. Indust. da Tomada.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón na súa parte aérea e baixo tubo na subterránea, con conductores respectivos

LA-56 e R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm, de 1.221 m de lonxitude e 98 m de lonxitude respectivamente, con orixe na liña Palmeira-A Pobra (expediente 52282) e final nos centros de transformación que se van instalar no polígono industrial da Tomada. Catro centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón, de 630 kVA c/u a tensións de 20/0,380-0,220 kV, equipados con celas de protección de liñas e de protección do transformador. Concello da Pobra do Caramiñal.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607274