Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación denominada Salceda nº 2372, da provincia de Pontevedra.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Salceda nº 2372, situada nos lugares de Candide, Fraga, Salceda, Bouzavedra e outros dos termos do Porriño e Salceda de Caselas, provincia de Pontevedra, e solicitada por Cabaleiro Nogueira, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do mesmo para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas ofinas.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9607175