Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.181

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Administración da Xunta de Galicia (grupo E) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 9, do 12 de xaneiro de 1996).

Na sesión conxunta celebrada con data 20 de setembro de 1996 polos tribunais número 1, 2 e 3, designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Administración da Xunta de Galicia (grupo E) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposicións celebrarase o día 19 de outubro ás 10 horas nos lugares que se indican:

-Tribunal número 1: Coliseo da Coruña.

Avda. de Alfonso Molina, s/n, A Coruña.

-Tribunal número 2: recinto feiral José Nogueira Dalmás.

Cotogrande. Avda. do Areoporto, s/n, Pontevedra.

-Tribunal número 3: recinto feiral José Nogueira Dalmás.

Cotogrande. Avda. do Aeroporto, s/n, Pontevedra.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado dúas horas antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos do DNI, lapis do número 2 e goma de borrar.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario das 9 ás 19 horas de luns a venres.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

Víctor Manuel Vázquez SeijasJuan Pedrosa Vicente

Presidente do tribunal número 1Presidente do tribunal número 2

Juan José Novoa Montero

Presidente do tribunal número 3

7451