Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de setembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Granja VII.

Visto o expediente incoado por Mª del Carmen Lamosa García, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Granja VII, outorgado pola orde ministerial do 21-6-1965 (BOE nº 287), situado na cuadrícula nº 6, do polígono «B» de Bueu, rematando a concesión o 21-6-2005, e do que era titular José R. de la Torre Estévez e Mª del Carmen Lamosa García.

Tendo en conta o informe do Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería accede ó solicitado, e declara titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª del Carmen Lamosa García, José Manuel de la Torre Lamosa, Mª Dolores de la Torre Lamosa e Alejandro de la Torre Lamosa.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 17 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Pontevedra en Vigo

7299