Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/107-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C. Espírito Santo-San Roque.

Situación: Muros.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe na liña denominada Muros-Espírito Santo (Expte. 51423) e final no apoio da liña Muros 5 (Expte. 9776) con entrada e saída ó C.T. que se vai instalar denominado Campo de Cortes. Centro de transformación en caseta de formigón prefabricado, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, equipado con celas de protección de liñas e cela de protección de trafo en SF6. Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607121