Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/113-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-C.T.I. en Gándara.

Situación: Negreira.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea, de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 5 m de lonxitude, que parte da liña denominada Ameixeira-Negreira-Ponte Insua (Expte. 51502) e remata no C.T. que se van instalar en Gándara. Centro de transformación aéreo, sobre apoio de formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Gándara. Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7161