Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (91/1996).

Pola presente, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 91/1996, sobre desobediencia, cítase a José Lamas Fernández, en concepto de denunciado, a fin de que o día 23 de outubro de 1996, ás 11.20 horas, compareza perante a sala de audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, rúa Algalia de Abaixo nº 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba coide convenientes, prevíndoo de que, en caso de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E pra que conste e lle sirva de citación a José Lamas Fernández, cos apercibimentos acordados, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

7457