Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 5 de setembro de 1996, acordou:

Aprobar, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da UA 42 do PXOU, promovido pola sociedade Vázquez y Figueiras, S.L., propietaria dos terreos, e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, cun orzamento de execución material de 2.581.540 ptas.

Durante un prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o documento e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 9 de setembro de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

7144