Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto trámite de urxencia das asistencias técnicas de clave N/LU/91.5 e cinco máis.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada LU-170, treito Momán-Parga.

Clave: N/LU/91.5.

Orzamento: catorce millóns cento trinta e cinco mil novecentas oitenta e seis pesetas (14.135.986).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

2. Asistencia técnica redacción do estudio informativo, cartografía e estudio do impacto ambiental da nova estrada alternativas de conexión da AC-174 e da AC-162 coa R.I.G.E.

Clave: N/AC/96.4.

Orzamento: nove millóns oitocentas sesenta e unha mil cincocentas setenta e oito pesetas (9.861.578).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.

3. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada C-640, treito: Cabreirós-Momán.

Clave: N/LU/87.3.

Orzamento: doce millóns seiscentas dezasete mil cincocentas corenta e seis pesetas (12.617.546).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

4. Asistencia técnica redacción do proxecto do acondicionamento da estrada AC-101, treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez (fase I).

Clave: N/AC/96.3.1.

Orzamento: once millóns cento trinta e sete mil setecentas cincuenta e sete pesetas (11.137.757).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

5. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-101, treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez (fase II).

Clave: N/AC/96.3.2.

Orzamento: once millóns noventa e dúas mil oitocentas noventa e catro pesetas (11.092.894).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

6. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-231, treito: Castellana-Sobrado.

Clave: N/AC/96.2.

Orzamento: trece millóns cento sesenta e nove mil setecentas nove pesetas (13.169.706).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que específica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7231