Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/121-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT.II, e R.B.T. en Texo e Ramil.

Situación: Vedra e Boqueixón.

Descricións técnicas: liña eléctrica, aérea, de media tensión, a 20 kV, sobrae apoios de formigón e metálicos, con conductor LA-56, de 1.872 m de lonxitude, con orixe na liña Gándara denominada

Nande (expediente 10516) e final no C.T. para instalar en Ramil.

Dous centros de transformación aéreos, de 50 kVA/U, sobre apoios de formigón, en Texo e Ramil con tensións de 20/0,380-220 kV, dos que parten redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 37 e 43 m de lonxitude respectivamente. Vedra e Boqueixón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de setembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7100