Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 131/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública a petición de instalación de L.M.T.S. y 2 CC.TT. en Covi-Ponteareas na rúa dos Mestres, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. Coruxeira ata os centros de transformación que se proxectan na propia urbanización na rúa dos Mestres, no concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterranea, a 20 kV, de 300 m de lonxitude, con conductor tipo de 95 mm Cu. Dos transformadores de 160 kVA cada un, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Orzamento: 6.873.588 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 15 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7109