Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de setembro de 1996 pola que se resolve a concesión de axudas para financia-las actividades das asociacións, federacións e confederacións de alumnos.

Por Orde do 29 de marzo de 1996 (DOG do 2 de maio) esta consellería convocou axudas para financia-las actividades das asociación, federacións e confederacións de alumnos e de acordo coa proposta realizada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, de conformidade cos apartados sexto, sétimo e oitavo da devendita orde,

Esta consellería,

RESOLVE:

1º. Concedérlle-las axudas que se indican ás asociacións, federacións e confederacións de alumnos que se relacionan no anexo.

2º. As axudas concedidas serán transferidas a xustificar a través das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que corresponda, segundo o lugar da sede social.

3º. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Comités Abertos de Estudiantes.

Santiago de Compostela 500.000 ptas.

FAXEG. A Coruña 454.540 ptas.

Asociación Alumnos Enredos.

IFP As Pontes 45.460 ptas.

7343