Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/123-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Gundián, Novedelo.

Situación: Vedra..

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-56, de 744 m de lonxitude, con orixe na liña nomeada viaducto Ponte Ulla (expediente 51111) e final no C.T. que se vai instalar en Gundián. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Gundián, do que parte rede de baixa tensión en R.Z. de 88 m de lonxitude. Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6947