Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de setembro de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente OR-01587-O-95 e un máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o Director Xeral

de Obras Públicas e Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouiro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense, 13 de setembro de 1996.

Xosé Ignacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último domicilio coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OR-01587-O-95

M-1494-OX

G.C. Tráfico

3201/34947456

Domínguez Domínguez,

José Luis

Hnos. Martínez Risco

32002 Ourense

Circular cun vehículo de alugueiro sen conductor, carecendo do contrato de arrendamento.

24-10-95; 12.00; C-536; 62.5

Art. 142 B)

LOTT

Art. 199 B)

ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

10.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último domicilio coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OR-01731-O-96

PO-4203-AU

G.C. Tráfico

3203/34979615

García Araújo, Ramón

Rúa Meixoeiro, 21-1 C

Vigo

36214 Pontevedra

Carecer no vehículo de tódolos distintivos correspondentes á tarxeta de transportes. Transporta toallas y sabas, desde Vigo a Verín.

21-11-95; 12; N-525; 176

Art. 142 C

LOTT

ART. 199 C)

ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

15.000

9606934