Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.966

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/003 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.d. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 96/003, convocada por Resolución do 5 de xaneiro de 1996 (BOE do 1 de febreiro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 17 de setembro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: socioloxía.

Praza nº: 96/003.

Comisión titular.

Presidente: Diez Nicolas, Juan; catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Secretario: Veira Veira, José Luis; catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Pardo Avellaneda, Rafael Pedro; catedrático de universidade. Universidade Pública de Navarra.

Morales Navarro, Julian; profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

Leal Maldonado, Jesús; profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente.

Presidente: Pino Artacho, Juan del; catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Secretario: Iglesias Seco, Modesto; profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Tezanos Tortajada, José Félix; catedrático de universidade. Universidade Nacional de Eduación a Distancia -UNED-.

Martínez Quintana, M. Violante; profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

Sabate Delgado, Julio; profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

7065