Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.956

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudican as axudas para o establecemento de convenios de colaboración con institucións públicas e privadas sen fins de lucro para a realización de programas de investigación convocados por Orde do 26 de abril de 1996 (DOG do 10 de maio).

Por Orde do 26 de abril de 1996 (DOG do 10 de maio), convócanse e aprobánse as bases que rexerán a convocatoria de axudas para o establecemento de convenios de colaboración con institucións públicas e privadas sen fin de lucro para a realización de programas de investigación.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan e para a finalidade que se indica en cada caso:

-Servicio Galego de Saúde (Sergas). Programa: bolsas de investigación no ámbito da atención especializada. Contía da axuda: 5.000.000 de ptas.

-Universidade de Santiago de Compostela. Programa: bolsas postdoutorais. Contía da axuda: 15.000.000 de ptas.

-Universidade da Coruña. Programa: bolsas postdoutorais. Contía da axuda: 10.000.000 de ptas.

-Univesidade de Vigo. Programa: axudas complementarias para proxectos de investigación financiados parcialmente en convocatorias internacionais e nacionais. Contía da axuda: 15.000.000 de ptas.

-Universidade de Vigo. Programa: bolsas postduotorais. Contía da axuda: 2.000.000 de ptas.

-Asociación para o Fomento da Investigación Cerámica en Galicia (Aficega). Programa: bolsas para colaborar nos proxectos de investigación en temas de cerámica. Contía da axuda: 1.500.000 ptas.

-Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco). Programa: bolsas para colaborar en proxectos de investigación relacionados coa industria conserveira. Contía da axuda: 1.500.000 ptas.

Segundo.-De acordo co disposto no artigo 5 da orde de convocatoria, as axudas formalizaranse nun convenio específico que se subscribirá entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e cada unha das institucións beneficiarias.

Terceiro.-Unha vez rematado o curso 1996/1997 e no prazo máximo de dous meses, as institucións beneficiarias deberán remitirlle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación unha memoria na que se detalle o investimento das axudas concedidas.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 26 de abril de 1996, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución

no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

6164