Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 17 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que notifica a resolución desta consellería do 15 de marzo de 1996, recaída nos recursos ordinarios interpostos contra a resolución da Dirección Xeral de Industria do 27 de xaneiro de 1995, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica situada nas proximidades da localidade de Fondo de Vila, concello de Amoeiro (Ourense), turbinando augas do río Barbantiño (expediente IN408A-87/1-3).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos, na resolución dos recursos ordinarios números ROI-DXI-21/95, ROI-DXI-22/95 e ROI-DXI-31/95, interpostos contra a resolución da Dirección Xeral de Industria, do 27 de xaneiro de 1995, pola que se autoriza e se aproba o proxecto

de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica situada nas proximidades da localidade de Fondo de Vila, concello de Amoeiro (Ourense), turbinando augas do río Barbantiño (expediente IN408A-87/1-3); que na súa parte dispositiva di:

«Esta consellería resolve desestima-los recursos ordinarios interpostos por Manuel Fernández Rincón, na súa condición de alcalde-presidente do concello de Amoeiro (ROI-DXI-21/95), Gerardo Testera Tovar, no nome e representación da Asociación Galega de Pesca Fluvial (ROI-DXI-22/95), Manuel González González, Javier Conde Seco, José María Gómez Rodríguez, Laura Prego de Oliver, Isabel Romero de Ibarra, Celso Fernández, Francisco S. González Carballal, Emilio J. Gómez, Julio Pascual Carballo, Eduardo González Pérez, Xabier Alberto Roca, Manuel Gómez Caride, José Martínez, Secundino Lorenzo Fernández, María José Rodríguez Corcobado, Xosé Manoel Álvarez, Carlos Guitián, Urbano Rodríguez Vázquez, Xosé V. Rodríguez, Eduardo González Pérez, en representación da asociación O Brote, Manuel Seoane, en representación da asociación A Pesca, María Dolores Fernández, en representación da asociación C.Pro-Naturaleza, Ramón María Rodríguez Guitián, en representación da asociación Ctvo. Pescadores,

Manuel Álvarez Rodríguez, en representación da asociación BNG, José Paz Rodríguez, en representación da asociación ASPGP (Colectivo Ctvo. Ouriço), Francisco Abellas Otero, en representación da Asociación Veciñal Andaina, José Lorenzo Durán, en representación da asociación Cdade. Cazadores, Ricardo Martínez, en representación da asociación V.V. de Amoeiro, María Pilar Barros Barco, en representación da asociación A.D.E.G.A., Xosé María Rodríguez Vázquez, en representación da asociación Fato Cultural Os Chaos, Eduardo González Pérez, en representación da asociación AGENG, Eduardo González Pérez, en representación da asociación Amigos da Terra, Xabier López Ribera, en representación da asociación A.D.P., Xabier F. Posa, en representación da asociación Os Chaos e Alexandre Outeiriño Míguez, en representaciónda asociación Clube Papaventos (ROI-DXI-31/95), confirmándoa en tódolos seus extremos.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, se é o caso, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación, logo da comunicación a esta consellería esixida no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno».

E para que conste e lles sirva de notificación a María José Rodríguez Corcobado, Laura Prego

de Oliver e Manuel González González, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 17 de setembro de 1996.

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

6903