Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Proxecto de construcción: acondicionamento da estrada Baio-Ponteceso. Treito: Ponteceso-AC-430 (As Grelas).

Adxudicatario: U.T.E. Extraco S.A e Corsan S.A.

Orzamento: 192.339.000 ptas.

Proxecto de construcción AC-431 As Grelas-Laxe.

Adxudicatario: OCP Construcciones, S.A.

Orzamento: 207.377.169 ptas.

Proxecto de construcción nova estrada de enlace desde a C-543 Vidán ata a N-550 A Rocha.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 414.200.000 ptas.

Acondicionamento e mellora LU-651 de Quiroga a Seoane do Caurel P.Q. 6,725 ó 35,000. Quiroga-Seoane.

Adxudicatario: Gonzalo Yáñez García.

Orzamento: 63.645.930 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notificase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996.

P.D.(O. do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6915