Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31
de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Area V.
Cultivo: mexillón.
Localización: cuadrícula nº 13, Portonovo «B».
Data da concesión: 13-12-1967 (BOE nº 304).
Data do remate da última prorroga: 21-12-1997.
Anterior concesionario: Francisco Guerra Casal e Mª Teresa Penas Rial.
Novos titulares concesión: Barlovento, S.A.
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 31 de xullo de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
José M. Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
6967