De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 28 de agosto de 1996.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
-Expediente: I-398/1995.
Denunciado: Manuel Taboada Insua.
Último enderezo coñecido: r/ Cartagena, 4, 36540 Silleda.
Feito denunciado: abandono dun vehículo.
Precepto infrinxido: artigo 137 E) do regulamento da lei de I.F.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de I.F.
Sanción: 50.000 ptas.
6759