Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Esta alcaldía-presidencia por Resolución do 2 de agosto de 1996 prestou aprobación inicial ó proxecto de urbanización predio Castillo, promovido por Carlos Somme Petersen, o que se somete a información pública por prazo de quince días seguintes ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado e presentadas as alegacións que se consideren pertinentes.

Rianxo, 2 de setembro de 1996.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde