Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración de mobiliario para os servicios centrais do Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo (IGC).

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 6/1996.

Obxecto do contrato: subministración de mobiliario para os servicios centrais do Instituto Galego de Consumo.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente contrato deberán ser entregados e instalados no Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes desde o asinamento do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas.).

Garantías: provisional, será do 2% do orzamento do contrato (110.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos de información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó amparo do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación que deberán presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago, 15771.

Data: décimo primero día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primero día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

9607148