Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 16 de setembro de 1996 pola que se exclúe do catálogo de montes de utilidade pública unha parcela de 9,45 hectáreas dos montes Aguillóns e Vallóns do concello de Carnota (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do catálogo de montes de utilidade pública unha parcela de 9,45 hectáreas do monte Aguillóns e Vallóns nº 362 do C.U.P. da provincia da Coruña, por petición do concello de Carnota.

A dita parcela que se atopa no lugar coñecido por Lamas de Castelo e Monte de Freán, está delimitada pola liña que, partindo do piquete nº 885 do deslinde do monte, pasa polo piquete nº 875 e polos vértices A, B e C que posúen as coordenadas (493467; 4742735); (493369; 4743220) e (493175; 4743136) e remata no piquete nº 885.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a dita orde, que esgota a vía administrativa, e de conformidade co disposto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, pode

rase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6738