Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.878

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

EDICTO (116/1996).

Segundo o disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín (Pontevedra), fai saber que no expediente de suspensión de pagamentos número 110/1996, promovido polo procurador Nistal Riádigos, en representación da entidade Construcciones Suso Chaira, S.L. dedicada á construcción, sita en Silleda; por medio do presente edicto faise público que por auto dictado no día de hoxe se declarou á entidade Construcciones Suso Chaira, S.L. no estado legal de suspensión de pagamentos conceptuándose como a de insolvencia provisional por se-lo seu activo superior en 1.891.046 pesetas ó pasivo; e así mesmo acórdase convocar e cita-los acredores da mencionada entidade suspensa a xunta xeral, que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día doce de novembro ás dez horas, coa prevención a estes de que poderán concorrer persoalmente ou polo medio de representante con poder suficiente para o dito cargo e co título xustificativo do seu crédito, sen o dito

requisito non serán admitidos, encontrándose ata o dito día á súa disposición na secretaría deste xulgado o dictame dos interventores e demais documentación establecida na Lei de suspensión de pagamentos, co fin de consegui-las copias ou notas que xulguen oportunas.

E para que así conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Lalín, vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

6770