Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.864

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 341/1996, do 13 de setembro, polo que se crea a Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais e se regula a implantación de grandes establecementos comerciais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no devandito decreto publicado no DOG nº 186, do luns, 23 de setembro de 1996, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 8.556, no sexto parágrafo do preámbulo, onde di: «A actuación pública nunha cuestión como esta, xera uns efectos de tan ampla transcendencia, que se orientará...», debe dicir: «A actuación pública nunha cuestión como esta, que xera uns efectos de tan ampla transcendencia, terá que orientarse...».

-No mesmo parágrafo, máis abaixo, onde di: «...permitindo núcleos de poboación...», debe dicir: «...permitindo a súa integración no tecido comercial existente nos núcleos de poboación...».

-Na páxina 8.558, no artigo 11º.1, onde di: «... elaborará o informe preceptivo enunciado no seu artigo anterior...», debe dicir: «... elaborará o informe preceptivo enunciado no artigo anterior...».

-Na páxina 8.559, na disposición transitoria segunda, onde di: «... a consulta previa nas materias establecidas no artigo 11º será a da substituída polo informe...», debe dicir: «... a consulta previa nas materias establecidas no artigo 11º será substituída polo informe...».

9607146