Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso para a contratación de servicios de rehabilitación logopédica na área sanitaria da provincia de Lugo.

Obxecto: prestación de servicios de rehabilitación e logopedia en réxime ambulatorio, a pacientes beneficiarios da Seguridade Social na provincia de Lugo.

Orzamento: importe máximo anual de 549.000 ptas.

Solvencia económica e financeira: acreditaranse conforme o previsto no apartado 7-2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos das condicións administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día hábil a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segun

do establece o apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Documentación que deberán achega-los licitadores: documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinalen.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 1996.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

9606808