Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN de 17 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 10/1996 que ten por obxecto a contratación dun sistema automatizado de identificación de sensibilidade bacteriana.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995; do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: C.P. 10/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descripción do obxecto: sistema automatizado de identificación de sensibilidade bacteriana.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 91 do xoves 9 de maio de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 18.935.556 ptas.

(Dezaoito millóns novecentas trinta e cinco mil ptas. IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 17 de xullo de 1996.

b) Contratista: Dade Diagnósticos, S.L.

r/ Solsonés, 2, B-7.

Edificio Muntades.

Parq. de Negocios «Mas Blau».

08820 El Prat de Llobregat (Barcelona).

-Orzamento total: 14.996.249 ptas.

Ferrol, 17 de xullo de 1996.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

6803