Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitectro Marcide-Profesor Novoa Santos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 14/1996 que ten por obxecto a contratación dun autoanalizador de coagulación.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio,

de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: C.P. 14/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministro.

b) Descripción do obxecto: arrendamento de autoanalizador de coagulación e subministración de material necesario para o seu funcionamento.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 91 do xoves 9 de maio de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimiento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Presupuesto base de licitación.

Orzamento total: 25.835.000 ptas.

(Vintecinco millóns oitocentas trinta e cinco mil ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de xullo de 1996.

b) Contratista: BOERINGER MANNHEIM, S.A.

c/ Copérnico, 60, 61 y 63.

-Orzamento total: 21.386.671 ptas.

Ferrol, 10 de xullo de 1996.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

6805