Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de actualización do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica, de clave OH.432.284.

1. Nome, enderezo, nº de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Organismo Autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 45 51.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: actualización do proxecto de recuperación dos ríos Barbaña e Barbañica, de clave: OH.432.284, orzamento: 1.123.035.353 ptas. (mil cento vintetrés millóns trinta e cinco mil trescentas cincuenta e tres ptas.).

3.a) Lugar de execución: termo municipal de Ourense.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra:

-1.282 metros de paseo fluvial a base de lousas de formigón armado e piares circulares.

-45.000 metros cadrados de limpieza de leitos existentes.

-21.522 metros cúbicos de escolleira procedentes de préstamo colocada.

-17.532 metros cadrados de pavimentos de formigón impreso.

-9.162 metros cadrados de beirarrúas.

-6.228 metros lineais de bordos.

-3.129 metros cúbicos de escavacións en fabias para instalación de colectores.

-1.292 metros lineais de instalación de colector de diámetro 500 milímetros.

-37 unidades de pozos de rexistro.

-Xardinería, plantacións, rega e demais obras accesorias de urbanización do treito recuperado, que ten unha lonxitude de 4,2 kilómetros na parte correspondente ó río Barbaña e 1,5 kilómetros no río Barbañica.

Orzamento: 1.123.035.353 pesetas (mil cento vintetres millóns trinta e cinco mil trescentas cincuenta e tres pesetas).

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

36 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no apartado número 1.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 7 de novembro de 1996.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 18 de novembro de 1996, ás 10 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas.

Esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento de contrata (22.460.707 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata (44.921.414 ptas.).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan.

Pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría e. Grupo K, subgrupo 6, categoría e.

17. Data de envío do anuncio.

16 de setembro de 1996.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas.

16 de setembro de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

9607125