Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 51967).

Para os efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1996, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na r/ Mancebo,

6, 15600 Pontedume, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue:

-L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.596 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. que une os CC.TT. de Chao da Viña e Escañoi, e remate no C.T. que se vai construír en Vilaboi.

-Ramal de 331 metros de lonxitude que parte do apoio nº 9 da L.M.T. anterior, e remata no C.T. de Castiñeira.

-Dous CC.TT. de 50 kVA cada un a 15/20 kV B.2 en Vilaboi e Castiñeiras. Concellos de Irixoa e Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 26 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

9606566